Páxinas

Vanesa Santiago visita o noso Club de Lectura

A gañadora do premio Illa Nova en 2017 visita o CEIP Alborada

O pasado 29 de marzo a autora premiada co galardón Illa Nova visitounos na nosa biblioteca de primaria.

Neste caso non foi para falar do seu libro premiado A vida sinxela de Marcelo Firmamento senón da novela xuvenil As probas do mago.

No noso encontro falamos non só dos protagonistas da novela senón que tamén afondamos en cuestións técnicas da arte de escribir, a escolla de personaxes e a súa creación.

Con Vanesa repasamos temáticas, hábitos de escritor e inspiración.

A escritora falounos da importancia de crear rutinas á hora de escribir e con ela tamén respasamos lecturas recomendadas e as súas obras favoritas.

Outro tema que tratamos foi a cuestión das ilustracións da obra, aspecto que foi de gran interese entre os nosos lectores.

Por suposto asinou exemplares do seu libro e tivemos unha merendiña para festexar que a lectura pode ser algo moi doce. 

Agardamos que en breve publique algún outro libro  dentro da liña da LIX e que volva pronto a nos visitar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Visitamos a biblioteca Miguel González Garcés.

 Aproveitando o bo tempo camiñamos ata a Biblioteca González Garcés. Un paraíso agochado detrás do mercado de Elviña.  Fixemos unha morea de...